Quen somos


En Galicia comer, cómese ben. E en Melide, parada histórica obrigatoria do Camiño de Santiago, non ía ser menos.

Aquí o da comida é cultura, culto que comeza nas nosas hortas, granxas, fragas e ríos, grazas aos cales temos alimentos de alta calidade, que xa se bastan eles sós para que cada bocado sexa unha viaxe polo mundo das delicias.


Tendo isto presente, querémonos presentar coma tres mulleres que simplemente combinan con agarimo algunhas castañas ou noces, un pouco de fariña e outro de leite, uns cantos ovos, algúns froitos silvestres e todo produto da nosa comarca que se nos poña por diante, para así conseguir creacións culinarias que saben a tradición, a natureza e a fogar.



Traémosvos a cociña das nosas avoas, das avoas emigradas ou dos emigrantes, das avoas de Melide ou do resto da comarca e das avoas de aquí e acolá, directamente ás vosas mans, e bocas.

Bo proveito!!!